A Xungla do Nadal
About
A Xungla do Nadal é un videoxogo. Ou un proxecto de. Eso, que teño 17 horas e 10 minutos para rematalo, así que, corriendito.
--- SINOPSE ---
·Pois un xogo vigués, meu. Que non me da a olla pa seguir escribindo nada nun teclado. Veña peña, até que se escriba a sinopse do videoxogo.
--- OBXECTIVOS: COMO SE XOGA? ---
·O obxectivo do xogo consiste en vandalizar as decoracións navideñas da cidade, instaladas perpetuamente nesta ficción. Terás que buscar as fontes de alimentación da luminaria e destrozalas, así coma tamén terás a posibilidade de gañar outras vantaxes se graffiteas os spots indicados.
Unha vez destruidas todas as fontes de enerxía do nivel, desbloquease o acceso ó xefe da fase (en desarrollo) - coma case todo, en desarrollo
--- CONTROIS ---
Movemento
· Sistema de movemento con WASD ou frechas
· Espazo para saltar ou facer un ollie
· Doble espazo para doble salto (so dende ollie)
· Control esquerdo para agacharse (manter premido)
· Shift esquerdo para correr (manter premido)
Accións
· K para sacar o skate
· Doble K para golpear co skate
· J para graffitear
Manexo menús
·Esc para saír do xogo
·R para reiniciar partida
·P para pausa
·Flechas laterais - A/D para elixir entre botóns no menú de pausa
·Intro para confirmar selección no menú de pausa
--- BUGS e FALTAS ---
1. Se se spamea o botón de salto rapidamente caes para o infinito, atravesando o chan. As colisións están inda moi verdes
2. Erros visuais varios de superposición de sprites
3. Nin o menú de derrota nin o menú de derrota funcionan. Premer R para reiniciar a partida (esquecínme até de indicalo dentro ಥ_ಥ)
4. A pausa tecnicamente non pausa nada. Vaia, que so está o menú que sae por riba
5. Falta a mecánica de grindar por completo
6. A mecánica de agacharse e reptar está introducida e funcional, pero falta a súa implementación na xogabilidade. Obstáculos que se pasan por baixo deles e inimigos que voan
7. Mobiliario vario e inimigos. Entre os inimigos atopamos ós zombis empantallados, que se dirixen directamente contra ti; o Vitrasa (bus vigués) no que se pode subir un por riba saltando nel co patín ou
8. Xefe final de fase (ademáis de máis fases, pero eso xa nin se plantexou para a demo da jam evidentemente). O alcalde nun traxe de Dinoseto xigante con luces e avalorios de Nadal
9. As torretas de luces pódense destruir varias veces (a mesma) permitindo rematar a partida en cuestión de segundos. Tamén faltan as luces de Nadal que se apagan ó reventarse (non por falta de debuxos e animacións, senón por falta de tempo para a súa implementación)
∞. Tiña pensado enumerar todo, pero visto o visto, case mellor paro. Eso, que falta contido e hai bugs varios. O máis importante a ter en conta é o tema de reiniciar partida ca R
--- ESTADO DE PROXECTO e FUTURO ---
·Quedou a medio facer a demo esta, pero éche o que hai. A idea era chegar a facer un xefe final para a fase (está deseñado, debuxado, animado e até metido en Unity) pero por problemas de organización e xestión (Ser un tarao S.L.) non se engade nesta primeira alpha da Xungla do Nadal.
Tamén quedou a medio facer todo o sistema de inimigos, onde cadaquen terá un comportamento distinto ós demáis e coherente cos seus deseños. Por exemplo temos o caso das viellas, que tan so están a camiñar lento, igual que están a facer os zombis. A idea de deseño destes personaxes ten unha mecánica propia cada un: a viella pararíase cada x tempo aleatorio e os zombis sen embargo irán directos a chocar contra o xogador. Coma este caso temos o resto de inimigos, que quedaron nunha sorte de variantes visuais pero que non aportan nada máis á xogabilidade. Eso, problemas técnicos varios (coma non organizarse, durmir mal e en destempo e acabar por traballar peor).
A futuro preténdese continuar co desenvolvemento deste videoxogo até chegar a un produto sólido. Contamos con realizar até 5 misións ambientadas cada unha en puntos distintos da cidade de Vigo, cos seus xefes finais e con novas variantes de inimigos especiais e particulares de cada zona.
--- CRÉDITOS ---
·Dirección do proxecto, deseño de nivel, deseño de interfaces e desarrollo de código: Qar
·Deseño de personaxes, deseño de obxectos e animacións: Dudi
·Deseño e producción musical: Juanes
·Efectos de son: Zapsplat e Ereesoundmp3
·Fonte Sedgwick Ave: Pedro Vergani & Kevin Burke @ 1001 fonts Open Font License
·Fonte Don Graffiti: Don Marciano @ 1001 fonts
·Fonte Breoman: Qar